Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A AVV ALTEA DE XUVIA ORGANIZAN UNHA FESTA DE ENTROIDO NA PARROQUIA
A edil de Festas, Natalia Hermida, presentou a convocatoria do vindeiro 19 de febreiro xunto coa secretaria da AVV Altea, Fina Sabín
Narón, 10 de febreiro de 2023. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, e a secretaria da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, Fina Sabín, presentaron esta mañá os actos de Entroido que se celebrarán na citada parroquia o domingo 19 deste mes. A programación dará comezo ás 12.30 horas na pista polideportiva de Xuvia, onde os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú, a actuación do grupo Tip´YCools e inchables que se instalarán para a ocasión no patio do CEIP Ponte de Xuvia. Haberá monitores para os inchables dende as 12.30 ata as 14.30 horas, tal e como se indicou dende a organización. Ao mediodía, a partir das 14.30 horas dará comezo o xantar popular organizado pola entidade veciñal Altea. Sopa, cocido, postre de entroido, pan, bebida e café forman o menú que se servirá na xornada, para a que se poderán adquirir os tickets na cafetería do local da AVV Altea a prezos populares a partir de mañá sábado –de luns a sábado en horario de mañá e tarde e os domingos pola mañá-. A festa continuará pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas, cos inchables para as nenas e nenos e ás 17.30 comezará a actuación infantil de A Gramola Gominola. A celebración rematará cun baile infantil, que dará comezo ás 18.30 horas e no que todos os asistentes poderán desfrutar desta festa do Entroido, aberta á asistencia da cidadanía en xeral. As persoas que desexen máis información poden contactar coa entidade veciñal a través dos números de teléfono 981 393 561 ou 685 244 527 ou do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal