Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA QUE O SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPE NA CAMPAÑA DO ENTROIDO ORGANIZADA DENDE O CONCELLO
Un total de trinta establecementos poderán participar nesta iniciativa, tal e como indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 11 de febreiro de 2023. O Concello organiza unha campaña de Entroido dirixida ao sector hostaleiro local que se desenvolverá do 20 ao 26 deste mes. Así o avanzou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que animou aos representantes do sector na cidade a anotarse, dende hoxe, nesta iniciativa a través do correo: me.mendez@naron.es. O prazo para anotarse rematará o vindeiro martes, 14 de febreiro. Pita explicou que a campaña se dirixe a trinta locais de hostalería, que recibirán cada un deles 200 papeletas “rasca e gaña” que entregarán coas consumicións á clientela. Algunhas delas teñen premios directos (bolígrafos, libretas, altofalantes para móbil, xogos de mesa, chaveiros) e, a maiores, cada un dos establecementos entregará unha “cesta de Entroido”, con cocido con lacón, grelos, cachola e chourizo para catro persoas. O concelleiro naronés animou aos hostaleiros locais a participar nesta campaña “a través da que queremos dinamizar o sector nesta tempada de Entroido e, de paso, premiar a fidelidade da súa clientela”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal