Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU ESTA TARDE A INAUGURACIÓN DA "XVII MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, participaron na entrega de premios xunto con Edmundo Novoa, presidente da Asociación Galega da Camelia, e outros representantes da entidade
Narón, 11 de febreiro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta tarde, ás 17.30 horas, a inauguración da “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón". O Concello e a Asociación Galega da Camelia organizan un ano máis este evento, que inclúe o décimo terceiro “Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”. O presidente da citada asociación, Edmundo Novoa acompañou a Ferreiro na apertura oficial da Mostra xunto con outros representantes da entidade e tamén da corporación local. As persoas que desexen ver as diversas variedades presentadas ao evento por produtores e afeccionados, unhas catrocentas, poderán facelo hoxe ata as 22.00 horas e tamén mañá domingo en horario de 10.00 a 18.00. Unha vintena de expositores participaron este ano na Mostra da Camelia, procedentes da comarca de Ferroltera, Eume e Ortegal e tamén da Coruña, Lugo, Pontevedra e Asturias. As composicións presentadas comezaron a prepararse esta mañá, ás 9.00 horas, e ao mediodía, un xurado formado por profesionais nesta área, valorou os mellores exemplares. A Mostra inaugurouse ás 17.30 horas, momento no que interviñeron a alcaldesa e o presidente da Asociación Galega da Camelia. A continuación tivo lugar a entrega de premios do “XIII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”. O premio ao Mellor cultivador, entregado pola alcaldesa foi para Abelardo Barcala, de Vilagarcía e gañador tamén deste premio na anterior edición; á Mellor Camelia japónica para Geli Piñeiro, de Tomiño; á Mellor flor miniatura para Montse Fonte, de Cabanas; á Mellor composición artística para Abelardo Seoane, de Fene, que tamén acadou este recoñecemento na pasada edición; á Mellor Camelia reticulata para Begoña Franco, de Boiro; á Mellor especie de Camelia para Alicia e Manolo Cruz, de Sillobre (Fene); e ao Mellor híbrido de Camelia, á Asociación Poza da Moura, de Domaio (Pontevedra). A alcaldesa, Marián Ferreiro, o edil de Promoción Económica, David Pita, e representantes da Asociación Galega da Camelia, entre eles o presidente, Edmundo Novoa; Manuel Cruz, Tesoureiro e Manuel Pico, secretario, tamén entregaron parte dos premios. A alcaldesa felicitou á Asociación Galega da Camelia polo traballo realizado para poder convocar un ano máis esta Mostra na cidade, e tamén a todos os cultivadores e afeccionados que participaron traendo os mellores exemplares das súas especies de camelios. “O parque de camelias de Freixeiro, a praza Botánico Carlos Rodríguez, que era un gran experto en camelias e o parque de camelias en Freixeiro, cunhas catrocentas variedades, son xunto coa nosa particular variedade, a Camelia Cidade de Narón plantada tamén en Freixeiro, mostra do compromiso desta cidade con esta especie”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou a variedade das flores presentadas na Mostra e animou á cidadanía a visitala incidindo en que “son merecedoras do mellor dos recoñecementos”. Así mesmo, o presidente da Asociación Galega da Camelia, Edmundo Novoa, agradeceu a colaboración prestada tanto polo Concello como do Centro Comercial Odeón para poder desenvolver con éxito este evento na cidade e destacou a calidade das flores que se poden ver este ano. Na xornada de mañá, a partir das 10.30 horas, haberá unha visita guiada ao xardín de camelias de Eusebio López, no concello de Fene, para a que se requeriu inscrición previa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal