Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZA A SÚA APOSTA POLO USO DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS NOS SERVIZOS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse a Freixeiro co edil de Servizos, Ibán Santalla, para ver a última incorporación, unha furgoneta que leva incorporada unha máquina a presión con auga quente para limpeza de graffitis e outros equipamentos
Narón, 13 de febreiro de 2023. A flota de vehículos eléctricos do Consistorio continúa incrementándose. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao paseo de Freixeiro para ver a última incorporación, unha furgoneta que leva instalada unha máquina a presión con auga quente para limpeza de graffitis e que dispón tamén doutros equipamentos. “Dende o goberno local continuamos apostando pola implementación paulatina deste tipo de vehículos nos servizos municipais, co fin de reducir a contaminación medioambiental e, ao mesmo tempo, a contaminación acústica”, recalcou. A finalidade é seguir avanzando, tal e como asegurou Ferreiro, “nunha política sostible co medio ambiente”. Nesa mesma liña se mantén a aposta por avanzar na renovación do parque móbil de servizos municipais e tamén de empresas concesionarias de servizos, con este tipo de motores eléctricos, e noutros casos híbridos A maiores do novo vehículo, están plenamente operativas tres furgonetas eléctricas da empresa mixta de augas do municipio, Cosma; tres vehículos do servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e unha barredoira. As novas concesións municipais, como é o caso da limpeza viaria, recollida de lixo e mantemento de zonas verdes da cidade, contaron con esixencias nos respectivos contratos para reducir as emisións de dióxido de carbono, segundo se recordou dende o goberno local. A Policía Local conta na actualidade con dous vehículos híbridos, máis respectuosos co medio ambiente, que se sumaron hai meses ao parque móbil municipal e aos oito eléctricos actualmente operativos. Este tipo de accións enmárcanse tamén no Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Narón, aprobado o pasado ano e que inclúe liñas de actuación neste mesmo senso para acadar os obxectivos desexados nesta área, avanzando no futuro da mobilidade e nunha transición progresiva na que cada día sexan máis os vehículos eléctricos operativos nos servizos municipais. No que respecta aos puntos de recarga, os citados vehículos realízana en instalacións municipais, se ben tamén se están ultimando xestións para a instalación doutros puntos nos que os particulares poidan recargar os seus vehículos eléctricos. Tamén este últimosector conta cunha bonificación do 75% no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, tanto eléctricos como híbridos ou que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido ou derivados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal