Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE OITO COMPARSAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NO FESTIVAL DE ENTROIDO DE NARÓN
A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, animou á veciñanza a acudir ao festival e participar no certame de disfraces para persoas adultas
Narón, 14 de febreiro de 2023. O Concello de Narón celebrará este sábado o Festival de comparsas. A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, anunciou que participarán na convocatoria un total de oito comparsas, que ás 17.00 horas partirán da praza da Gándara cara á pista polideportiva da Solaina, donde se desenvolverá o propio festival. A edil naronesa avanzou que a comitiva percorrerá as rúas Vigo, Wenceslao Fernández Flórez, un tramo das estradas da Trincheira e de Castela e tamén das avenidas de Santa Icía e A Solaina ata chegar á pista polideportiva, onde ás 18.00 horas dará comezo o Festival de comparsas. As formacións naronesas Tróupele, Tróupele, As deusas da Olympus, Os Argalleiros e Os Parrandolos amenizarán a xornada xunto cos integrantes de A Canteira, de Neda, A Revolta, As Xoaniñas do Chao e Os Colludos de Ferrol. O festival, no que interpretarán varios temas nunha actuación dun tempo máximo de dez minutos, estará presentado por Enfant Bello. Todas as comparsas percibirán unha axuda económica pola súa participación, que será de 800 euros para as de Narón (co 75 % como mínimo dos seus compoñentes que residan na cidade) e 400 para as doutras localidades. A orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia serán os apartados a ter en conta polo xurado á hora de conceder os tres premios, ás mellor puntuadas, que consistirán nunha figura conmemorativa do Día do Entroido. A convocatoria tamén inclúe un concurso de disfraces para adultos, con tres categorías: individual, parellas e grupos (ata un máximo de seis persoas). Ameneiro explicou que “as persoas que desexen participar deberán anotarse o propio sábado na carpa da Solaina na que se desenvolverá o festival”. Neste caso, tal e como avanzou a edil, tamén haberá premios, que consistirán en cestas con produtos típicos do Entroido, unha para o mellor disfraz individual, dúas para a mellor parella e tres para o grupo. A programación municipal do Entroido continuará o domingo 19 en Xuvia, onde xunto coa Asociación de Veciños Altea se organizou un programa que se levará a cabo en horario de mañá e tarde. Na pista polideportiva de Xuvia dará comezo ás 12.30 horas unha sesión vermú, e haberá tamén inchables e unha actuación do grupo Tip´Y Cools. Ao mediodía poderase degustar cocido no xantar organizado pola entidade veciñal e para o que xa están á venda os tickets no local social de Altea e pola tarde continuará o Entroido ás 16.00 horas nos inchables, coa actuación de A Gramola Gominola a partir das 17.30 horas e un baile infantil que dará comezo ás 18.30. As persoas que desexen máis información poden contactar coa AVV Altea a través dos números de teléfono 981 393 561 ou 685 244 527 ou do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal