Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DOUS NOVOS AXENTES INCORPÓRARONSE COMO FUNCIONARIOS DE CARREIRA Á POLICÍA LOCAL DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, deu a benvida aos axentes e valorou a súa incorporación ao plantel da Policía Local da cidade
Narón, 15 de febreiro de 2023. Os axentes da Policía Local Juan José Cela López e Santiago Salgado Morado, tomaron oficialmente onte posesión do seu cargo como funcionarios de carreira no Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, deu a benvida aos dous novos policías nun acto ao que tamén asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado. Os dous novos axentes incorpóranse ao seu posto tras superar as fases previas na Academia Galega de Seguridade Pública e as pertinentes prácticas. A rexedora local interesouse polo proceso formativo dos policías, e valorou o feito da súa incorporación ao plantel da cidade, “integrado por un grupo de profesionais moi comprometidos e implicados no seu traballo diario”. A alcaldesa recordou que coa incorporación dos dous axentes o plantel da Policía Local de Narón queda actualmente integrado por 39 persoas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal