Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Marián Ferreiro e Beatriz Sestayo, xunto con outras integrantes do goberno local e de Alvixe, abordaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración encamiñadas a erradicar a violencia de xénero
Narón, 16 de febreiro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu unha reunión programada coa Asociación para a Loita contra a Violencia de Xénero (Alvixe), á fronte da que está Beatriz Sestayo. Na xuntaza participaron tamén a edil de Igualdade de Narón, Mar Gómez; a responsable do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo, e Ana Galego, Isabel Crespo e María Egea, integrantes da directiva de Alvixe. No transcurso da xuntanza as representantes do goberno local e de Alvixe tiveron a oportunidade de intercambiar impresións sobre o traballo que se realiza tanto dende o Concello como dende a asociación para loitar contra a violencia de xénero. Así mesmo, abordouse a posibilidade de establecer novas vías de colaboración coas que continuar aunando esforzos e traballando para tratar de erradicar esta lacra social. Ferreiro recordou parte do labor que dende o Consistorio se está realizando para loitar contra a violencia de xénero, traballando con diferentes colectivos como os centros de ensino con programas específicos e tamén con outras iniciativas como a posta en marcha do Punto Violeta de Narón, no que se ofrece información e asesoramento ás persoas que se acheguen ao mesmo, ao ter unha ubicación itinerante.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal