Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE TRINTA ESTABLECEMENTOS LOCAIS PARTICIPARÁN DENDE O LUNS NO "ENTROIDO GASTRONÓMICO"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, animou á cidadanía a participar na campaña, que repartirá varios premios directos
Narón, 17 de febreiro de 2023. O Concello organizou unha nova edición do “Entroido Gastronómico”, unha convocatoria na que participarán trinta establecementos de hostalería da cidade dende o vindeiro luns, día 20, ata o domingo 26 de febreiro. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que os establecementos participantes repartirán entre a clientela polas súas consumicións boletos de “rasca e participa”, nos que poderán obter varios premios directos. O edil naronés indicou que participarán nesta convocatoria: Casa Juanito, Hamburguesería Eder, Australian, Nueva Orleáns, Colonial, Gibson, La Bastilla, Mouchos, Índalo, Mestura, La Salmantina, Gola, Chiss, Hollywood, Imos a ro?, Café 29, O Café do Alto, Tyche, La Continental, A Toxiña, Nuevo Minuetto, Silver, La salita de mi casa, Juventud, Ronnie, La Roldana, Tempus, A Estrela de Baltar, Marinito e Pizzería O Paso. Bolígrafos, xogos de mesa, cadernos, altofalantes, chaveiros e un cesto de laconada para catro persoas son os premios aos que poderá optar a vindeira semana a clientela destes establecementos de hostalería coas súas consumicións. “A iniciativa suporá un aliciente máis para desfrutar da calidade do sector hostaleiro na nosa cidade, premiando á clientela e animándoa a visitar estes establecementos ubicados tanto nos barrios como nas parroquias da cidade”, apuntou Pita. O concelleiro naronés explicou ademais que, con motivo da festividade do Entroido se repartirán tamén nos citados locais a vindeira semana recetarios –que se publicarán no Facebook e na web do Concello- con trece propostas gastronómicas propias destas datas: caldo galego, callos, cocido, empanada de lacón con grelos, robaliza co fondo de grelos e muselina de allo, rodaballo do forno e patacas, tortilla de grelos, bica de Trives, filloas, leite fritido, orellas do Entroido, torradas e roscos de anís.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal