Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO POTENCIA O TECIDO EMPRESARIAL DA CIDADE A TRAVÉS DA WEB BUSINESS NARÓN
As empresas interesadas en participar na iniciativa deberán contactar co Concello, tal e como indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 6 de marzo de 2023. O Concello de Narón continúa traballando no proceso de actualización da web Business Narón -http://business.naron.es/- e tal e como avanzou o edil de Promoción Económica, David Pita, ofrécese ás empresas locais a posibilidade de formar parte da mesma. “Todas aquelas empresas interesadas poden contactar con nós para que se realice un vídeo e fotografías que se incluirán na web, co fin de posicionar os negocios locais nas redes sociais”, explicou Pita. Aqueles empresarios e empresarias interesados na iniciativa deben enviar un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es, indicando o nome da empresa, o da persoa de contacto e un teléfono para poder acordar o momento no que se realizará o traballo. Para calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 337 7 00 (Extensión 1204). “A través desta iniciativa queremos dar a coñecer o gran potencial das empresas asentadas na cidade, de moi diversos sectores e que realizan un destacado labor nas súas respectivas áreas”, recalcou o edil naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal