Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PROCESO DE INSCRICIÓN PARA AS FORMACIÓNS GRUPAIS DA CAMPAÑA "A IGUALDADE POLOS PELOS"
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, animou a inscribirse ao colectivo ao que se dirixen, salóns de peiteado e estética da cidade
Narón, 7 de marzo de 2023. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, recordou que a vindeira semana terá lugar a primeira das xornadas de formación grupal da campaña “A igualdade polos pelos”, dirixida aos salóns de estética e peiteado da cidade. A sensibilización cidadá e a difusión de recursos en materia de violencia de xénero forman parte desta iniciativa impulsada a través do Concello, á que se poden inscribir as persoas destinatarias a través do enlace: https://bit.ly/3YvPlOK. Os establecementos interesados en recibir máis información tamén poden chamar ao número de teléfono 604 033 515. A primeira das formacións terá lugar o vindeiro luns, día 13, de 10.00 a 12.00 horas nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, onde na xornada do 21 de marzo pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas se levará a cabo a segunda sesión formativa, tal e como apuntou Gómez. As persoas que acudan abordarán xunto cun profesional na materia temas vencellados á orixe das violencias machistas en xeral e á violencia de xénero en particular, coñecendo os recursos existentes para a sensibilización e atención das situacións de violencia que se poidan estar producindo na nosa contorna. Gómez amosou a súa confianza no feito de que destas xornadas “se poida formar unha rede de centros de peiteado e estética fronte á violencia de xénero na nosa cidade”. Os locais que se adhiran estarán identificados cun distintivo na porta e disporán de cartelería e dípticos informativos sobre a violencia de xénero e os recursos públicos nesta área. Esta campaña está financiada con fondos do Pacto do Estado e as accións programadas con cargo á mesma estenderanse ata o vindeiro mes de xuño.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal