Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
As persoas interesadas en acoller a menores procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf terán que anotarse antes de finais deste mes
Narón, 18 de abril de 2023. As familias que desexen participar este verán no programa “Vacacións en Paz”, impulsado dende a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e no que colabora o Concello, deben anotarse antes de finais deste mes. As persoas interesadas poden recibir máis información do programa ou anotarse enviando un correo electrónico á dirección: concellerias@naron.es ou contactando co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello. O vindeiro mes de xuño está prevista a chegada á cidade de menores de entre 8 e 12 anos que residen nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia), e permanecerán en Narón ata o mes de setembro, cando regresarán de novo coas súas familias. Unha vez na cidade os menores acudirán a revisións médicas e participarán en diferentes actividades coas súas familias de acollida, afastados das elevadas temperaturas que se alcanzan durante o verán nos campamentos de refuxiados, alcanzado os 50 graos.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal