Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN MUSICAL SEMENTEIRA PARA A IMPARTICIÓN DE CLASES DE SOLFEXO E INSTRUMENTOS
Marián Ferreiro e Francisco Lois Ramos rubricaron o acordo que renova a colaboración entre a administración e a entidade
Narón, 18 de abril de 2023. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación Cultural Musical de Narón “Sementeira”, Francisco Lois Ramos, asinaron no Concello un convenio de cooperación no eido da actividade musical entre o Padroado da Cultura de Narón e a citada asociación. O importe do convenio, en vigor ata finais deste ano, é de 55.500 euros, tal e como se especifica no documento. Dende Sementeira impartiranse clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión do primeiro ao quinto nivel, mantendo a actividade dunha banda de música con 35 integrantes como mínimo que realizarán doce concertos ao ano na cidade. Francisco Lois valorou a achega económica do Concello para continuar impartindo clases de música e tamén difundindo o traballo da banda de música da asociación. Pola súa banda, Ferreiro trasladou ao presidente de Sementeira os parabéns polo traballo que realizan ao longo do ano dende a Escola de Música e as diversas agrupacións musicais que integran a entidade: a Banda Infantil de Narón, a Xove Banda de Narón e a Banda do Garaxe. “É unha satisfacción ver como unha agrupación musical como Sementeira, cunha traxectoria máis que consolidada dentro e fóra da cidade, continúa na primeira liña cultural, formando a moitas persoas e dando concertos que nos permiten desfrutar dese gran traballo”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal