Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONTACONTOS PARA PÚBLICO ADULTO "MURMURABAN AS MIÑAS VECIÑAS" TERÁ LUGAR ESTE VENRES NA BIBLIOTECA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta enmarcada no programa "O mes do libro"
Narón, 19 de abril de 2023. A Biblioteca municipal acollerá este venres, día 21, unha sesión de contacontos dirixida a público adulto. “Murmuraban as miñas veciñas” é o título desta proposta, pensada para maiores de 14 anos, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo. As persoas interesadas en asistir poderán facelo sen inscribirse previamente, estando limitada a participación á capacidade da sala. O contacontos, a cargo de Dani Blanco, da compañía AsSircópatas, dará comezo ás 19.30 horas. Esta actividade, tal e como indicou Taibo, enmárcase na programación deseñada este mes con motivo de “O mes do libro”. “Un conto nunca se conta igual dúas veces, o contexto e a memoria vaino alimentando. Esta escolma de contos funciona coma un álbum de fotografías que serve para lembrar como foi a vida de catro mulleres bravas de Cangas do Morrazo”. Así describen dende a compañía esta actividade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal