Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A SESIÓN "DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS. XOGO OU ADICCIÓN"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que se habilitou un servizo de conciliación para as familias que o precisen
Narón, 20 de abril de 2023. O salón de actos do IES As Telleiras acollerá o vindeiro martes, día 25, unha sesión dirixida a familias na que se abordará o tema “Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción”. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a iniciativa se enmarca no programa municipal de Prevención de ludopatías en menores que se desenvolve cos centros de ensino da cidade. “É unha proposta máis encamiñada a dotar aos menores da cidade e ás súas familias dunha serie de ferramentas que lles permitan evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías”. Taibo explicou que poden asistir á convocatoria, que dará comezo ás 16.30 e rematará sobre as 18.00 horas, as familias que o desexen. Durante este tempo, apuntou, crearase “un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía”. A edil naronesa informou que co obxectivo de que poidan asistir todas as familias que o desexen, organizouse un servizo de conciliación que estará operativo no horario da citada sesión. As persoas interesadas en facer uso deste servizo deben solicitalo a través dos números de teléfono 722 405 724 ou 639 099 457.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal