Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO PARA ADHERIRSE Á CAMPAÑA "MERCA EN NARÓN" REMATARÁ ESTE MÉRCORES
A concelleira de Promoción Económica, Natalia Hermida, recordou que a campaña se desenvolverá do 2 ao 12 de maio
Narón, 24 de abril de 2023. Os titulares de establecementos comerciais da cidade que desexen adherirse á campaña “Merca en Narón” poderán anotarse ata este mércores, día 26, incluído. Así o recordou a concelleira de Promoción Económica, Natalia Hermida, destacando a iniciativa posta en marcha polo Concello e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón. A campaña desenvolverase do 2 ao 12 de maio na cidade e os comercios que se sumen a esta iniciativa recibirán uns rasca e participa –repartiranse 34.000- para entregar á clientela polas súas compras. En total repartiranse máis de 8.000 premios directos, entre os que hai: tarxeteiros, bolígrafos, chuvasqueiros, tazas, xogos de mesa, xogos de palas de praia, bosas reutilizables… Ao remate da campaña sortearanse dez viaxea valoradas en cen euros cada unha e para poder participar as persoas interesadas terán que depositar nunha urna dos establecementos participantes o rasca e gaña cos seus datos persoais cubertos. As persoas que desexen participar teñen que enviar un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es, indicando no mesmo o nome e a dirección do establecemento participante, o da persoa de contacto, un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico. Así mesmo, tamén se pode solicitar máis información sobre a campaña “Merca en Narón” chamando ao teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal