Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA LECTURA ACOLLERÁ MAÑÁ OS ACTOS DO PROGRAMA "N DE NARÓN. A FESTA DAS LETRAS"
O Concello conmemora con varias propostas, en horario de mañá e tarde, a xornada do Día das Letras Galegas
Narón, 16 de maio de 2023. O Concello celebrará mañá o Día das Letras Galegas coas actividades programadas en “N de Narón. A festa das Letras”. A programación coa que se conmemorará a data, adicada este ano ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego, iniciarase ás ás 12.00 horas cun espectáculo musical de Brais das Hortas: “Consertasso na horta”. A continuación, ás 13.00 horas actuará Mamá Cabra, con temas do seu traballo “Ondamini”. A programación retomarase pola tarde ás 17.00 horas coa actuación do Coro Peque Solidarium do Concello de Narón, integrado por menores de 6 a 11 anos. Ás 17.30 haberá un espectáculo de clown, con AsSircópatas, que traen á cidade “Rogelio, un pallaso en recuperación” e ás 18.30 comezará o concerto de Supermeiga. As nenas e nenos que se acheguen á praza da Lectura poderán participar tamén ao longo do día nun obradoiro de imprenta ambulante a cargo de Alouette Machine, de 12.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 19.30 horas e o público en xeral poderá visitar o espazo de lectura e libraría habilitado para a ocasión. Este ano contarán cun espazo propio as librarías naronesas Pasapáxina e Day e tamén asinarán libros a escritora Ana Meilán, de 13.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.00, e o escritor Antón Cortizas, dende as 17.30 ata as 18.30 horas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal