Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "UN DÍA PARA AS LETRAS: HOMENAXE A PACO DEL RIEGO"
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que é unha proposta para menores a partir de 3 anos
Narón, 18 de maio de 2023. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que permanece aberto o prazo para inscribirse nunha actividade que, con motivo do Día das Letras Galegas, que se conmemorou onte, se celebrará este sábado día 20 na Biblioteca. “Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego” é o título desta iniciativa, coa que se festexará o día grande das nosas letras con contos, ilustración e música en directo a cargo de “Polo correo do vento”. A convocatoria dará comezo ás 11.00 horas e diríxese a nenas e nenos con tres anos cumpridos e sen sancións pendentes no carné da rede de bibliotecas. A compañía ofrecerá ao público infantil e familiar o seu espectáculo “Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego”, unha actividade que se basea no libro do que son autores e que está editado por Lela Edicións. A maiores de narrar oralmente a historia de Francisco Fernández del Riego, escritor lucense a quen se adicou este ano o Día das Letras Galegas, realizarase un obradoiro de debuxo paso a paso acompañado de música en directo. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do programa Ler conta moito.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal