Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO ESTE XOVES EN LUGARES E RÚAS DA ZONA RURAL E URBANA
A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, tal e como trasladaron dende a compañía
Narón, 12 de xuño de 2023. O Grupo Naturgy comunicou ao Concello que este xoves, día 15, deixará fóra de servizo entre as 00.00 e as 06.00 horas unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias zonas da cidade. A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, leva á empresa a realizar ese corte no subministro. Entre as 00.00 e as 02.00 horas o corte afectará as zonas de Agrande, Borreiros, Nelle, Pena de Embade, Sequeiro e Sobecos, se ben na seguinte franxa indicada, de 02.00 a 04.00 horas, afectará ás rúas e lugares: Amenadás, Bimbieiro, Buxo, estrada de Cedeira, Catadoiros, Forcas, Hortiña, As Lagoas, Nova, Pena Lopesa, Pena Molexa, Ponte de Leixa, Ponte Pielas e Torrente Ballester. Finalmente, entre as 04.00 e as 06.00 horas, quedarán fóra de servizo instalacións que afectarán á rúa Mariscadores. Dende a empresa solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal