Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA XORNADA FORMATIVA DIRIXIDA A OBRADORES INTERESADOS EN ELABORAR E COMERCIALIZAR A TARTA DE NARÓN
Os profesionais interesados en anotarse deberán facelo ata o vindeiro 16 de xuño, incluído
Narón, 13 de xuño de 2023. Os obradores interesados en elaborar e comercializar a “Tarta de Narón” dispoñen de prazo ata este venres, día 16 (incluído) para anotarse na xornada formativa que se levará a cabo o vindeiro 22 de xuño nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O propietario da Pastelería Santy (Santa Icía), Santy Otero, que cedeu a receita orixinal da Tarta de Narón, será o encargado de impartir a formación, en horario de 17.00 a 20.00. Os profesionais de obradores interesados en inscribirse nesta xornada formativa deben enviar ao enderezo electrónico: me.mendez@naron.es os seus datos -nome e apelidos, nome establecemento, razón social (de tratarse dunha empresa), correo electrónico, localidade e teléfono-. A elaboración ten un intenso sabor a noces e non leva glute, polo que é apta para celíacos. A comercialización da Tarta de Narón está prevista a partir do vindeiro mes de agosto e os establecementos que a vendan estarán debidamente identificados. O uso da marca “Tarta de Narón” está suxeito a un regulamento municipal e ao cumprimento dun manual corporativo na súa comercialización que se aprobou no pleno do pasado mes de maio. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204) ou ao 638 799 734.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal