Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AVANZA NOS TRÁMITES PARA CONSTITUÍR A COMISIÓN DE ADMINISTRACIÓNS QUE ABORDE A PROBLEMÁTICA DERIVADA DA PROLIFERACIÓN DE MOSCAS NA PARROQUIA DO VAL
A alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, lamentou que a Consellería de Medio Rural se desmarcase da iniciativa aos poucos días de convidala a participar na comisión e incidiu na necesidade de traballar conxuntamente para axudar ás veciñas e veciños do Val
Narón, 13 de xuño de 2023. A alcaldesa en funcións da cidade, Marián Ferreiro, remitiu unha comunicación ás consellerías de Sanidade e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; á Dirección xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (dependente da Consellería de Medio Rural); O delegación da Xunta en Ferrol e á delegación do Goberno en Galicia, así como á Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, para que designen ás persoas que formarán parte da comisión que se acordou constituír no pleno de maio para abordar a problemática derivada da proliferación de moscas no Val. Unha vez que se designe aos representantes, entre os que tamén haberá un de cada grupo representado na corporación local, procederase a fixar unha data para manter a primeira xuntanza, co fin de axilizar, entre todas as administracións, a erradicación deste grave problema que padecen veciñas e veciños desta parroquia da cidade. A constitución da citada comisión permitirá coordinar os traballos e as xestións que nos últimos anos se levaron a cabo dende o goberno local coas diferentes administracións e organismos para tratar de atopar o foco do que proceden as moscas e así proceder a erradicar este problema. A alcaldesa lamentou o feito de que, “aos poucos días de enviar a comunicación ,dende a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias xa se desmarcaran da mesma, alegando que xa descartaron que a orixe desta situación sexan as explotacións gandeiras ou a xestión das dexeccións dos seus animais”. Ferreiro incidiu en que “a falta de coñecer o foco de onde proceden as moscas, considero que deberiamos traballar conxuntamente todas as administracións co fin de axudar ás veciñas e veciños, que son os que día a día continúan a padecer un problema do que descoñecemos a orixe e no que toda axuda é precisa nestes momentos”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal