Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU HOXE NO CONCELLO A JAVIER MARÍA DE LORESECHA, COMISARIO DA POLICÍA NACIONAL DA COMISARÍA DE FERROL-NARÓN
Marián Ferreiro explicou que a xuntanza, na que estivo o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, foi tamén para unha primeira toma de contacto entre o comisario e o novo edil de Seguridade Cidadá, José Oerona
Narón, 18 de xullo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho xunto co edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, ao comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón, Javier María de Loresecha. A rexedora local estivo tamén acompañada polo xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. A xuntanza mantida hoxe programouse como unha primeira toma de contacto entre Javier María de Loresecha e Oreona, edil que asume dende o pasado mes de xuño a área de Seguridade Cidadá e SPEIS, entre outras, dentro do goberno local. Así mesmo, os participantes na convocatoria aproveitaron a ocasión para abordar algúns temas de actualidade relativos á área cidadá e tamén valorar a estreita colaboración entre os Corpos da Policía Nacional e Local nas súas funcións en defensa dos dereitos da cidadanía e a seguridade.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal