Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADO NO PLENO UN MODIFICADO DE CRÉDITO QUE PERMITIRÁ REALIZAR INVESTIMENTOS POR UN IMPORTE DE DOUS MILLÓNS DE EUROS NA CIDADE
A corporación levou ao pleno unha declaración institucional de apoio ao colectivo de persoal traballador das Escolas Infantís Municipais
Narón, 27 de xullo de 2023. A corporación local aprobou no pleno desta mañá un expediente de modificación de créditos por importe de algo máis de dous millóns de euros. O voceiro de TEGA, Román Romero, explicou que unha parte dese modificado destinarase ás partidas que corresponden ao Concello para cofinanciar actuacións dos fondos Next Generation EU. A redacción dun plan de accesibilidade universal, a reforma da praza de Galicia –cun plan estratéxico do comercio local-, a pacificación e humanización dos entornos escolares –dos centros CEIP A Gándara, IES Terra de Trasancos e As Telleiras, CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Ponte de Xuvia, CEIP Piñeiros, CRA de Narón, CPI Jorfe Juan, CPI Ayala, CPI Santiago Apóstol e CPI O Feal-, as obras de mellora de paradas de transporte público, e a conexión peonil do Río Inxerto na avenida de Santa Icía forman parte das actuacións que se acometerán con cargo a fondos europeos. Así mesmo, con cargo ao modificado contémplanse outras obras de reparación e mantemento de vías públicas, varias actividades culturais, deportivas e de lecer, o mantemento e reparación de instalacións deportivas municipais, campañas de apoio ao sector comercial e hostaleiro da cidade, reparacións en edificios municipais, unha partida específica para o convenio do servizo de madrugadores do colexio de Piñeiros, e algunhas certificacións finais de obras, tal e como se recolle no expediente aprobado cos votos favorables de TEGA e BNG e coa abstención dos edís populares e socialistas. Ao pleno levouse tamén unha declaración institucional de apoio ao colectivo de traballadoras das Escolas Infantís Municipais, a través da que todos os grupos políticos da corporación defenderon a profesionalidade do persoal e manifestaron o seu apoio ao colectivo de persoas traballadoras destes centros nas súas reivindicacións, en concreto melloras das súas condicións laborais para que “sexan máis dignas e xustas” e para poder recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos. Na sesión plenaria declaráronse de interese e utilidade municipal as obras de instalación dun ascensor no CEIP plurilingüe Virxe do Mar e da reparación de canalóns e tellado na Asociación Nuestra Señora de Chamorro e tamén un convenio de colaboración entre a asociación Cometa e o Concello de Narón en materia de colonias felinas. No apartado de mocións, aprobouse coa abstención do PP a presentada polo PSOE reclamando á Xunta a reapertura da unidade de cuarto de Infantil no CEIP da Gándara para o vindeiro curso. Dende o centro manifestaron que a ratio do curso 2023-2024 é de 22 matrículas de novos alumnos e alumnas, o que permitiría manter dúas unidades cun ratio de 1:11. As dúas mocións presentadas polo BNG, unha sobre a sinalización inclusiva para persoas invidentes nos edificios públicos de Narón e outra para a retransmisión por streaming e en directo dos plenos municipais, aprobáronse por unanimidade.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal