Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A CONFERENCIA "O PODER OCULTO: MULLERES E ALTA CAPACIDADE"
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, presentou o evento acompañada por Estela Brañas e Begoña Ramos, vicepresidenta e secretaria da asociación Áurega
Narón, 4 de setembro de 2023. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, presentou esta mañá con Estela Brañas e Begoña Ramos, vicepresidenta e secretaria da asociación Áurega, a conferencia “O poder oculto: mulleres e alta capacidade” organizada polo Concello en colaboración coa asociación Áurega (Asociación de Familias de nenos/as con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais). A convocatoria desenvolverase este sábado, día 9, de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio municipal. A entrada é de balde ata completar a capacidade das instalacións. Na conferencia participarán como relatores Félix Ruiz Mahamud e José Luis Pérez, psicólogos clínicos, fundadores do Centro Ayalga e autores do libro “A mi no me parece”. Dende o Concello e a entidade animaron á veciñanza a acudir a esta convocatoria, coa que se retoman este tipo de actividades trala tempada estival. A concelleira de Ensino destacou o labor da asociación e a súa aposta por convocar na cidade este tipo de iniciativas, ás que acoden veciñas e veciños de Narón pero tamén chegados doutros concellos da comarca e mesmo doutros puntos da comunidade. As persoas que desexen realizar algunha consulta ao respecto poden dirixirse ao correo electrónico: auregaasociacion@gmail.com.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal