Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA E PARA SOLICITAR O USO DAS AULAS DE ENSAIO
O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, indicou que os obradoiros e as Aulas de Ensaio retomarán a actividade o vindeiro mes de outubro
Narón, 4 de setembro de 2023. O Concello de Narón abriu hoxe o prazo de inscrición para solicitar Aula de Ensaio e para matricularse nos obradoiros impulsados dende a concellería de Mocidade a través da Escola municipal de Música Moderna, na Casa da Mocidade. O concelleiro responsable da área, Ibán Santalla, indicou que se impartirán obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra, piano e batería dende o vindeiro mes de outubro ata maio de 2024 e que as Aulas de Ensaio para grupos musicais estarán operativas tamén dende outubro pero ata xullo de 2024. Os obradoiros diríxense a mozas e mozos empadroados en Narón de entre 12 e 30 anos e as prazas das Aulas de Ensaio para grupos musicais con alomenos unha persoa desa mesma idade e empadroada en Narón. Os obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra ofertan 14 prazas, catro por grupo, e os horarios serán: para iniciación os luns e mércores de 16.00 a 17.00 ou de 17.00 a 18.00 e para perfeccionamento os luns de 19.30 a 20.30 e os martes de 20.30 a 21.30 horas. As clases de piano, con oito prazas, tamén catro por cada grupo, serán os xoves de 18.00 a 20.00 para o grupo de iniciación e ese mesmo día de 16.00 a 18.00 horas para o de perfeccionamento. No caso das clases de batería hai oito prazas dispoñibles, catro por grupo, con horario para iniciación os luns e xoves de 20.30 a 21.30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas. As Aulas de Ensaio para grupos musicais dispoñen de prazas para un total de cinco grupos, coas súas respectivas aulas, que estarán operativas o luns de 18.00 a 19.30 e martes de 19.00 a 20.30; os martes de 16.00 a 19.00; os mércores de 18.00 a 21.00; os venres de 17.30 a 20.30 e os sábados de 11.00 a 14.00 horas. A taxa a abonar será de 8,15 euros ao mes no caso dos obradoiros (a establecida pola Ordenanza fiscal número 15, reguladora dos servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario) e desa mesma contía por persoa ao mes no das Aulas de Ensaio, tal e como se recolle tamén na citada ordenanza. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata esgotar as prazas dispoñibles, podendo tramitarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para recibir máis información pódese consultar a Sede Electrónica de Narón ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111/1108/1109).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal