Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMA O OBRADOIRO INFANTIL "Á BIBLIO SEN FUME" CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL SEN COCHE
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou a apertura, o vindeiro día 12, do prazo de inscrición
Narón, 8 de setembro de 2023. O vindeiro 22 de setembro celebrarase o Día Mundial sen coche e con motivo desta efeméride dende o Concello deseñouse un obradoiro de sensibilización dirixido a nenas e nenos: “Á Biblio sen fume”. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha actividade a través da que os menores aos que se dirixe, a partir de 5 anos, coñezan os danos medioambientais que ocasiona o tráfico de vehículos a motor. Os participantes convertiranse en peóns, ciclistas e patinadores/as nesta iniciativa, que se levará a cabo o 16 de setembro na Biblioteca municipal. A concelleira informou que o prazo de inscrición nesta actividade abrirá o martes día 12 ás 16.00 horas, podendo tramitala de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura da Biblioteca. Para poder participar, as nenas e nenos deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. Con motivo do Día mundial sen coche programouse esta actividade para menores co fin de espertar a conciencia ecolóxica e promover diferentes alternativas de transporte e mobilidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal