Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA DÚAS FUNCIÓNS DO MONÓLOGO "CHUNGO", DO CÓMICO GALEGO LUIS ZAHERA
A programación deste trimestre inclúe a estrea do novo espectáculo da compañía Nova Galega de Danza o vindeiro 30 de setembro
Narón, 19 de setembro de 2023. O Padroado da Cultura retomará esta fin de semana a programación cultural deseñada ata finais de novembro deste ano. O cómico galego Luis Zahera será o protagonista dun monólogo no que repasa a súa carreira. “Chungo” é o título deste espectáculo, que se poderá ver o sábado ás 20.00 horas –entradas esgotadas- e cun segundo pase ás 22.00 horas –para o que aínda quedan algunhas entradas-. Durante unha hora e media aproximadamente, Zahera amosará ao público a súa faceta máis cómica coas súas “historias e histerias”, en clave de humor e con numerosas anécdotas da súa faceta profesional e persoal, algunhas delas rozando o surrealismo. Na xornada do vindeiro 30 de setembro haberá unha estrea do espectáculo de danza contemporánea da compañía Nova Galega de Danza, “Berro”. Poderá verse ás 20.00 horas no Pazo e ten unha duración dunha hora. “Berro”, dirixido por Jaime Pablo Díaz, é un fío condutor entre o noso interior e o exterior, parte do proceso de crecemento das nosas vidas. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal