Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ ESTE VENRES A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE CUN PROGRAMA DE ACTOS NO DÍA SEN COCHE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos acompañada polos edís de Deportes, Ibán Santalla, e Seguridade Cidadá e Speis, José Oreona
Narón, 20 de setembro de 2023. O Concello celebrará este venres, día 22, varios actos para conmemorar a xornada do Día sen coches, enmarcados no programa da cidade con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Combina e móvete! é o lema desta iniciativa, a través da que se fará partícipes a escolares da cidade e cidadanía en xeral dunha serie de propostas ao longo do día e que continuarán na xornada do sábado. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos acompañada polos edís de Deportes, Ibán Santalla, e Seguridade Cidadá e Speis, José Oreona. Ferreiro anunciou que dende o Consistorio se procederá a cortar ao tráfico rodado a avenida Cataluña para desenvolver unha programación que se completará con obradoiros no interior das instalacións do Centro Comercial Odeón. Ao longo da mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas, uns douscentos escolares de cuarto de Primaria dos colexios Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Solaina e O Feal participarán –en quendas- en obradoiros de Primeiros auxilios e Loita contraincendios impulsados polo Speis de Narón e tamén nun Circuíto de habilidade da Dirección Xeral de Tráfico, xunto con outro de “Mobilidade segura” –para facer reflectantes para as bicis- impulsado polo citado centro no interior das instalación. Tamén a empresa Re-xenera organizará un Scape room pola zona, sobre a temática “Mellora o teu planeta” e unha actividade de ximnasia rehabilitadora. Os obradoiros organizados polo Concello e o Scape room desenvolveranse na avenida Cataluña, salvo en caso de choiva que se impartirán no interior do Centro Comercial Odeón. Así mesmo, na avenida Cataluña estarán a disposición das persoas que o desexen dúas bicicletas eléctricas, nas que poderán realizar un pequeno percorrido de proba. A maior parte da actividade, deseñada dende o equipo de Educación Viaria de Narón, concentrarase en horario de tarde, a partir das 16.30 horas. Os clubs de xadrez, arco, remo, baloncesto, baile deportivo, tenis de mesa, voleibol, baloncesto en cadeira de rodas e música, entre outras, son algunhas das modalidades deportivas e culturais que estarán presentes este venres no Día sen coches e nas que poderá participar a cidadanía en xeral ata as 20.30 horas. Así mesmo, na zona instalarase unha carpa informativa sobre actuacións do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Narón, na haberá material informativo e onde se poderá realizar un percorrido virtual en bicicleta estática pola nova senda peonil e ciclista que enlaza os paseos de Freixeiro e Xuvia, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Edusi. Ao remate do percorrido as persoas que o realicen recibirán un agasallo (camisetas, chalecos, pen drives, bolígrafos). Xa pola noite, a partir das 19.00 horas, en colaboración co sector hostaleiro da zona, sucederanse os concertos de Broken Peach, Malditos Pendejos, Los Alcántara e Nuevo Plan. Na xornada do sábado 23 permanecerá tamén pechado ao tráfico rodado un tramo da avenida Cataluña, onde haberá sesión vermú, actuacións de DJ´s, concertos e promocións especiais, tal e como avanzaron hostaleiros da zona. A alcaldesa destacou a importancia de conmemorar a Semana Europea da Mobilidade e de convocar, nestes días e tamén o resto do ano, actividades e acometer actuacións encamiñadas a “recuperar espazo para os peatóns nas rúas”. Ferreiro animou á cidadanía a acudir ás actividades programadas e agradeceu o labor de todas as persoas implicadas nestas iniciativas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal