Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GALP INFORMARÁ ESTE VENRES SOBRE O PROGRAMA DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E ACUICULTURA NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O representante municipal no GALP, o edil Manuel Ramos, animou aos colectivos aos que se dirixe a acudir á convocatoria
Narón, 4 de outubro de 2023. O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte organiza o encontro empresarial “Pescamos ideas”, que se desenvolverá este venres, día 6, co fin de informar sobre o programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura. A convocatoria, tal e como indicou o representante municipal no GALP, Manuel Ramos, terá lugar ás 18.30 horas nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e está aberta á participación de pequenas e medianas empresas, asociacións, autónomos… interesados en solicitalas para acometer proxectos localizados no ámbito territorial de Narón, Neda, Fene, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Ferrol e Ares. A orde do 14 de setembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión destas axudas, está xa publicada no DOG, podendo consultarse no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230926/AnuncioG0427-150923-0004_gl.pdf. As persoas interesadas en solicitar as axudas poderán facelo ata o día 26 deste mes, tal e como se especifica nas bases da convocatoria. O edil naronés animou aos colectivos aos que se dirixen estas axudas a acudir a este encontro empresarial, no que un equipo de profesionais informará máis polo miúdo sobre as mesmas, podendo realizar as consultas ao respecto que se estimen oportunas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal