Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA REUNÍRONSE HOXE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, respondeu ás preguntas que lle formularon e interesouse por coñecer a súa visión da cidade
Narón, 10 de novembro de 2023. Un grupo de preto dunha vintena de nenas e nenos do colexio Ponte de Xuvia desprazouse hoxe con persoal docente ao Concello para participar no programa de visitas de coñecemento da administración local. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiunos no salón de plenos, onde con anterioridade viran o vídeo “Nara de Narón”, sobre o funcionamento e a historia da cidade. Os menores interesáronse ante a rexedora local por algunhas actuacións do municipio e tamén por coñecer o espazo no que traballa, preguntando dende as sillas que ocupan habitualmente as concelleiras e concelleiros da corporación local. A alcaldesa respostou a todas as preguntas que lle formularon e interesouse tamén por coñecer a opinión das nenas e nenos sobre a cidade. Finalmente Ferreiro entregoulles uns agasallos institucionais como recordo da súa visita ao Concello. Unha vez rematada a reunión no salón plenario os escolares realizaron unha imaxe de grupo con Marián Ferreiro e a continuación outras por quendas co photocall da abella Nara. Así mesmo, realizaron un crebacabezas, visitaron as instalacións da Policía Local no Consistorio e participaron noutras actividades durante aproximadamente unha hora e media. As vindeiras visitas deste mes serán o luns días 13 con alumnado do CEIP A Solaina; o día 17 con outro grupo do CEIP A Solaina; o 21 cun grupo do CRA de Sedes e outro do CRA de Domirón; e o 24 e o 28 con escolares do CEIP A Gándara.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal