Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA MARCHA POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO QUE SE CELEBRARÁ O 25N
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, indicou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 deste mes
Narón, 10 de novembro de 2023. A programación de actos do Concello de Narón para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero, inclúe unha nova edición da Marcha pola Igualdade, que se levará a cabo o vindeiro 25 de novembro en horario de tarde, ás 17:00 horas. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, anunciou que as persoas interesadas en asistir poden anotarse, ata o día 22 deste mes. Os participantes sairán ás 17:00 horas do parque do río Freixeiro cara ao quilómetro 100 do Camiño Inglés, no paseo marítimo de Xuvia, percorrendo un traxecto de cinco quilómetros. “Realizaremos un percorrido por un dos espazos máis transitados da nosa cidade, que percorren particulares e persoas que realizan o Camiño Inglés dende Ferrol ata Compostela”, indicou a edil. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo: p.deportes@naron.gal indicando o nome e apelidos da persoa que acudirá, o seu DNI, a data de nacemento e o xénero. No caso de ter algunha discapacidade, é preciso facelo constar tamén nese correo electrónico para que se planifiquen os apoios persoais necesarios, por se fosen oportunos. A concelleira de Igualdade animou ás veciñas e veciños de Narón, e tamén doutros concellos, a anotarse nesta iniciativa programada en defensa da igualdade e contra a violencia de xénero.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal