Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO "MELLORANDO EQUIPOS" DIRIXIDO AO TECIDO EMPRESARIAL DA CIDADE
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, avanzou que o curso se desenvolverá o 27 e 28 de novembro e o 4 e 5 de decembro
Narón, 21 de novembro de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición no curso “Mellorando equipos”. Trátase dunha proposta, tal e como indicou, dirixida ao sector empresarial en xeral, se ben está máis enfocado á hostalería e ao comercio. O curso impartirase nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e ofértanse un total de 30 prazas. A persoa que impartirá o curso, que será os días 27 e 28 de novembro e 4 e 5 de decembro de 9:30 a 11:30 horas, ofrecerá aos asistentes algunhas claves para impulsar os seus negocios. “Está deseñado para ofrecer a xerentes das empresas e empregados/as habelencias de comunicación e tamén técnicas para fomentar o traballo en equipo, mellorar o autocoñecemento para afrontar algunhas situacións complicadas dun xeito efectivo, abordar a xestión de conflictos e queixas dun xeito rápido e satisfactorio… cuestións moi útiles no día a día e que poderán poñer en práctica, no caso de ser preciso, de cara a esta mesma campaña de Nadal para impulsar os negocios da zona”, explicou. A edil indicou que as sesións realizaranse durante dúas horas en cada unha das catro xornadas. “As prazas cubriranse por orde de inscrición e diríxense específicamente a persoas coas súas empresas ubicadas en Narón”, recalcou. As persoas interesadas en inscribirse deben enviar o seu nome e apelidos, o DNI, o nome do seu establecemento e un teléfono de contacto ao correo electrónico: me.mendez@naron.gal ata este venres, día 24, ás 12:00 horas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal