Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO IES DAS TELLEIRAS E TERRA DE TRASANCOS ASISTIU A UNHA CHARLA DA AUTORA DO LIBRO "OCHO SEÑALES. CUESTIÓN DE VIDA O MUERTE"
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recordou que a convocatoria se enmarca nos actos do Día Internacional contra a violencia de xénero
Narón, 22 de novembro de 2023. Unha das autoras do libro “Ocho señales. Cuestión de vida o muerte”, Noelia Míguez, desprazouse onte ao salón de actos do IES As Telleiras para falar da citada publicación, da que é coautora a xornalista Patricia Calveiro. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, explicou que o Concello organizou este evento, dirixido a alumnado de cuarto de ESO dos dous institutos locais, As Telleiras e Terra de Trasancos. Lorenzo acudiu á convocatoria e conversou con Noelia Míguez, que se presenta como psicóloga experta en violencia de xénero e conta no libro a traumática relación que viviu unha muller coa súa parella, sufrindo malos tratos durante tres anos. Cando ela tiña 22 anos a situación chegou ao punto de que ese home lle asestou oito puñaladas e deixándoa, entre as feridas da agresión, sorda dun oído. A autora falou da relación “tóxica”, explicándolles aos mozos e mozas os diferentes tipos de violencia que se poden detectar (física, psicolóxica, sexual, económica, patrimonial, social, vicaria) e ofrecéndolles unha serie de indicativos e ferramentas para saír de posibles situacións de violencia machista. Finalmente, desvela que esa muller, a protagonista do libro, é a propia Noelia. A concelleira naronesa agradeceu a participación de Noelia Míguez neste acto programado polo Concello con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. “Esta proposta estaba pensada para un colectivo moi específico e pensamos que unha das persoas que mellor pode conectar con eles é unha vítima desta lacra social, contando en primeira persoa unha vivencia que ninguén debería experimentar e que lamentablemente padecen moitas persoas”, subliñou. A edil agradeceu a colaboración dos institutos locais para poder levar a cabo esta iniciativa.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal