Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E UNHA DOCENA DE ENTIDADES SOCIAIS E SANITARIAS ORGANIZARON VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Os actos levaranse a cabo nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, tal e como indicou a concelleira de Igualdade, María Lorenzo
Narón, 22 de novembro de 2023. O Concello e once entidades e asociacións de ámbito sanitario e social, organizaron un completo programa de actos para conmemorar o vindeiro 1 de decembro o Día Internacional dos Dereitos Humanos. A concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que as diferentes propostas se levarán a cabo durante esa xornada no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 16:30 a 18:30 e incidiu en que se trata de “actividades pensadas para persoas de todas as idades”. A edil naronesa destacou que se trata dunha convocatoria “cun marcado carácter lúdico a base de diferentes propostas protagonizadas por usuarias e usuarios das asociacións participantes en moitos casos, e a través das que queremos reivindicar a importancia de que todas as persoas teñan os mesmos dereitos como seres humáns, independentemente da súa raza, relixión, sexo, orixe… ou calquera outra condición”. A programación inclúe a lectura dun texto común sobre os dereitos humanos, a cargo do usuario ou usuaria das entidades participantes, a proxección de vídeos inclusivos sobre a importancia dos dereitos humanos, protagonizados por persoas do citado colectivo, unha actuación musical da formación “Os Homínidos”, unha festa holi, xogos e dinámicas grupais en varias estacións que se habilitarán con monitores dinamizadores con diferentes dinámicas (xogos do mundo, bailes…). Así mesmo, tamén se elaborará un mural inclusivo, que unha vez rematado rotará por todas as entidades e polo propio Concello e haberá unha proposta de realidade virtual na que cunhas tablets e unhas gafas 3D as persoas que o desexen poderán ver sesións de bailes de diferentes puntos do mundo. O Concello organizou os actos xunto coas entidades Affinor, Teima Down Ferrol, Alcer, Cogami, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Aspaneps, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Aspanaes, Asociación Sociocultural ASCM e o centro Souto de Leixa. “Quero agradecer a implicación e colaboración de todas as entidades que traballaron conxuntamente co persoal do Consistorio para poder levar a cabo este evento”, recalcou a concelleira naronesa, que destacou o labor que todas elas desenvolven ao longo do ano cos usuarios e usuarias e tamén as súas familias. Dende a organización animaron ás veciñas e veciños de Narón a sumarse a estes actos, “reivindicando todas e todos unha Igualdade en dereitos para toda a sociedade”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal