Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O NOVO ESTACIONAMENTO DO CENTRO DE SAÚDE OFRECE DENDE HOXE Á CIDADANÍA PRETO DE 180 NOVAS PRAZAS
O espazo ten limitación horaria para estacionar -dúas horas e media como máximo- de luns a venres en horario de mañá
Narón, 24 de novembro de 2023. O estacionamento do novo centro de saúde está operativo dende primeira hora de hoxe. Trala recepción por parte dos técnicos municipais da obra, o Concello abriu á cidadanía este espazo, no que poden estacionar preto de 180 vehículos, ubicado a escasos metros do centro sanitario, e que xa está a disposición das veciñas e veciños. Esta actuación é cofinanciable ata un 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020, Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. O estacionamento ten unha restrición horaria de luns a venres en horario de mañá, dende as 8:00 ata as 15:00, non podendo permanecer no mesmo os vehículos máis de dúas horas e media. Os usuarios e usuarias aparquen alí deberán deixar á vista un disco da hora ou un papel no que se indique a hora á que se estacionou para poder regular o correcto uso deste servizo. En breve, comezará a funcionar un sistema de cámaras que gravará as matrículas dos vehículos no momento da entrada para poder levar a cabo ese control mediante un sistema dixital. En horario de tarde/noite durante toda a semana, así como os sábados e domingos durante todo o día, non haberá control horario, podendo estacionar sen restricións. A maiores, retirarase a zona azul habilitada nos estacionamentos que no seu día se acondicionaron no camiño do Lodairo, polo que dende hoxe deixará de ter limitación horaria ese tramo. O equipamento licitouse en 599.805 euros, e localízase nunha parcela ubicada entre a estrada de Castela e o Camiño do Lodairo. Construíronse un vial perimetral de circulación e outros interiores para zonas de estacionamento, dúas glorietas para distribuír o tráfico entre os accesos e o vial perimetral e as zonas de estacionamento, con prazas en forma de espiga e viais internos de sentido único de circulación. En canto á zona peonil, ten beirarrúas na parte colindante co Camiño do Lodairo, dende onde se habilitaron dous accesos. Mobiliario urbán, zonas verdes e un aparcamento de bicis completan o equipamento. O goberno local, tal e como se recordou, aportou uns tres millóns de euros para que hoxe estea operativo o novo centro de saúde. A compra do antigo edificio ubicado nas inmediacións da rúa 25 de Xullo, a cesión da parcela na que se construíu, os 580.000 euros para urbanizar o entorno no Camiño do Lodairo, a construción dunha rotonda na estrada de Castela, así como a cesión da actual parcela na que se construirá o estacionamento e a cofinanciación da obra do aparcamento, supuxeron o citado investimento das arcas locais co fin de materializar este proxecto e contar cunhas instalacións sanitarias acordes ás necesidades actuais da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal