Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRESENTACIÓN DO LIBRO "LAS TRIBULACIONES DE BRUNO LAMAS", DE JUAN GALÁN
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, avanzou que o acto será o 29 de novembro ás 18:30 horas
Narón, 24 de novembro de 2023. O escritor Juan Galán presentará o vindeiro mércores, día 29, o seu libro “Las tribulaciones de Bruno Lamas” na sala multiusos da planta soto da Biblioteca municipal acompañado pola tamén escritora María Isabel Ramos. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:30 horas e estará aberto á cidadanía en xeral, ata completar a capacidade da sala. Juan Galán presentará en Narón unha novela protagonizada por Bruno Lamas, un antiheroe machista e mentiroso que por azar acaba sendo confidente da Brigada Político Social, a policía do réxime franquista. O autor do libro comezou a súa carreira literaria coa publicación no ano 2021 da novela histórica “Romanza de los naranjos en flor” (Editorial Letrame), unha obra ben documentada que aborda o tema dos campos de concentración e a represión dos republicanos en Galicia durante a Guerra Civil. O pasado ano publicou “El eco de tu voz” (Editorial Medulia), que tamén se presentou nas instalacións da Biblioteca municipal naronesa. Ao remate da presentación da obra haberá unha tertulia e tamén se poderán adquirir exemplares da obra.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal