Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA MARCHA POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou na convocatoria xunto con edís da corporación local e outras persoas que se sumaron á iniciativa
Narón, 25 de novembro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, María Lorenzo, entre outros representantes da corporación local, participaron hoxe na Marcha pola Igualdade contra a violencia de xénero que organizou o Concello. Un centenar de persoas acudiron a esta convocatoria, enmarcada no programa de actos do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora hoxe. A andaina partiu ás 17:00 horas do parque do río Freixeiro, dende onde as persoas participantes se dirixiron, pola senda peonil e ciclista que enlaza Freixeiro co paseo marítimo de Xuvia, ata este último punto, a onde chegaron sobre unha hora máis tarde. O grupo chegou ata o quilómetro 100 do Camiño Inglés, o punto da cidade ¬–sinalizado pertinentemente- dende onde se pode partir cara a Compostela realizando o traxecto mínimo para obter a Compostela. Antes de rematar a convocatoria, realizaron unha imaxe de grupo xunto ás letras do paseo de Xuvia coa pancarta oficial do Concello en contra da violencia de xénero. Tamén na xornada de hoxe, pero ao mediodía, Marián Ferreiro e María Lorenzo participaron no acto de entrega de diplomas ás preto de medio centenar de mulleres que participaron no curso de defensa persoal organizado polo Consistorio. A convocatoria iniciouse o pasado sábado e rematou hoxe, cunha duración entre os dous días de seis horas, tempo no que as mulleres, de diferentes idades, obtiveron unha serie de coñecementos e adquiriron técnicas básicas de defensa fronte a unha posible agresión. A alcaldesa agradeceulles a participación e interesouse por coñecer de primeira man a opinión das participantes sobre este curso, manifestándolle estar moi satisfeitas do resultado. A maiores, na noite de hoxe iluminarase de cor malva a fachada do Pazo da Cultura e tamén permanece desa cor dende onte, e ata o luns, a rotonda de Freixeiro, en sinal de repulsa á violencia de xénero.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal