Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALUMEADO DE NADAL DA CIDADE ACENDERASE ESTE VENRES DENDE OS XARDÍNS DA RESIDENCIA SAN JOSÉ DE PIÑEIROS
A concelleira de Festas, Mar Gómez, anunciou o acto xunto co presidente e o tesoureiro da AVV Piñeiros, José Francisco Pita e José Luis Teijeiro, respectivamente
Narón, 27 de novembro de 2023. A concelleira de Festas, Mar Gómez, e o presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, xunto con José Luis Teijeiro, tesoureiro da entidade veciñal, presentaron esta mañá no Concello o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o este venres, día 1 de decembro, ás 19.30 horas nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros. Un ano máis, a alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con outros representantes do Concello, coa alcaldesa, da citada entidade veciñal e da citada residencia encargaranse de prender o acendido navideño da zona urbana e rural. Tralo acendido, actuarán o Coro da Capo e o Peque Coro Solidarium e a entidade veciñal de Piñeiros ofrecerá a todas as persoas que acudan ao acto deste venres castañas asadas. Durante o acto, dous elfos caracterizados repartirán caramelos aos nenos e nenas que acudan, que terán tamén a oportunidade de realizar unha fotografía de recordo desa data nun photocall instalado para a ocasión. Unha árbore natural de algo máis de 25 metros de altura ubicada fronte ao citado edificio será a primeira en iluminarse, para a continuación facelo o resto de rúas, prazas, farolas, glorietas e edificios municipais nos que se instalaron os diferentes motivos navideños. En conxunto, preto de 300 elementos ornamentais, entre arcadas, teitos de luz, motivos en farolas, árbores simulados, cortinas, motivos en 3D, rótulos e un elemento en 3D con interior visitable na Praza da Gándara forman parte da ornamentación navideña deste ano. As cores predominantes serán o branco –frío e cálido-, o azul, gros e vermello. O acendido de Nadal estará en funcionamento dende o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro a partir das 18:00 horas e ata as 00:00, se ben se manterá tamén polas noites nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, tal e como figura no contrato. O presidente da AVV Piñeiros agradeceu a colaboración un ano máis do Concello neste acto, que levan facendo na parroquia durante preto de dúas décadas. Pola súa banda, a edil naronesa destacou tamén o labor da entidade veciñal e, xunto cos seus representantes, animou á cidadanía a acudir ao acto deste venres para desfrutar do inicio da ambientación navideña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal