Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO Á CIDADANÍA O PRAZO PARA REALIZAR ACHEGAS Á ELABORACIÓN DA AXENDA URBANA 2030 DE NARÓN
O edil de Urbanismo, Pablo Mauriz, anunciou a apertura do proceso a través da plataforma municipal "Narón Participa"
Narón, 28 de novembro de 2023. O Concello de Narón inicia o proceso de participación cidadá a través do proceso dixital co fin de deseñar o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030. Así o anunciou o concelleiro de Urbanismo, Pablo Mauriz, área na que se desenvolve este proceso de cuxo comité responsable da Estratexia forma parte o tamén edil Manuel Ramos. Con esta finalidade, definiranse a través da elaboración dun Plan de Acción Local –no marco da Axenda Urbana Española do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana- unha serie de accións a desenvolver, coherentes e sustentables, dacordo cos criterios da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible. “Co fin de construír o Narón que todas e todos queremos para o futuro, marcando neste caso como meta o ano 2023, as nosas veciñas e veciños teñen a oportunidad, dende hoxe, de colaborar neste proceso a través da plataforma de Participación Cidadá “Narón Participa”, na que poden presentar as súas achegas”, apuntou o Mauriz. Esas achegas realizaranse a través de dous procesos, un de participación dixital, a través da citada plataforma, no enlace: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1804?tab=stages e outro de participación presencial, máis orientado a reunións de persoal técnico e diferentes axentes económicos. A través do formulario dispoñible na plataforma municipal de Participación Cidadá, as veciñas e veciños poden priorizar retos e obxectivos que consideren que se deben alcanzar a través da Axenda Urbana 2030 e a Estratexia Territorial Integrada de Narón. A ordenación do chan, a conservación do patrimonio cultural e natural, a mellora de infraestruturas, accesiblidade, sostibilidade de edificios, rexeneración urbana, emisións de gases de efecto invernadoiro, aforro enerxético, reciclaxe… son algúns dos temas que se abordan no formulario subido á citada plataforma municipal. Unha vez rematado o período persoal técnico encargarase de analizar as propostas e valorar a súa viabilidade. O edil naronés indicou que o citado Plan de Acción local é un documento estratéxico no que se concretarán unha serie de operacións, medidas e actuacións para implementar as iniciativas municipais incluídas na estratexia que permitirá ao Concello participar nas oportunidades de financiamento do novo período de programación de Fondos Estruturais 2021-2027. Dende o Concello naronés, anímase á veciñanza “a implicarse nesta iniciativa, da que sairá un documento estratéxico para o futuro da cidade, participando activamente no deseño do mesmo”, indicou Ramos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal