Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A EXPOSICIÓN SOBRE SAÚDE MENTAL QUE SE PODE VER ATA O 10 DE DECEMBRO NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
A edil de Igualdade, María Lorenzo, indicou que está formada por sete displays informativos
Narón, 28 de novembro de 2023. O Concello de Narón organizou unha exposición sobre saúde mental que se pode ver dende hoxe, e ata o vindeiro 10 de decembro, nas instalacións do Centro Comercial Odeón. A iniciativa, tal e como recordou a edil de Igualdade, María Lorenzo, enmárcase dentro do programa municipal Cóidate. A mostra consta de sete displays e un photocall. Nos primeiros realízase un repaso en cifras sobre como está a nivel nacional a saúde mental e compártense frases que incitan á reflexión sobre estereotipos vencellados coa saúde mental. A maiores, tamén se informa da guía de recursos para a saúde mental editada polo Concello naronés, e que se pode consultar a través do enlace: https://www.naron.es/web/cat/es/ayuntamiento/salud-mental. Esta guía, tal e como recordou a edil naronesa, elaborouse este ano en colaboración coa área de Saúde Mental da Área Sanitaria de Ferrol, o centro de saúde de Narón e diversas asociacións da comarca. A guía contén información “que pode ser de gran axuda para persoas que están atravesando problemas de saúde mental, as súas familias e tamén profesionais”, indicou María Lorenzo. En canto ao photocall instalado na exposición, permite que calquera persoa que se ahegue poida realizar unha fotografía e compartila en redes sociais, dando publicidade e ao tempo difusión a esta iniciativa. Con esta finalidade pode empregar o hagstag: #naroncoasaudemental. “Queremos concienciar á cidadanía en xeral sobre un tema tan relevante como a saúde mental, e en complemento a todo o traballo que levamos feito dende o Concello apostamos agora por esta exposición na que amosamos unha parte dese traballo para que se visibilice esta doenza”, subliñou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal