Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA ESTE VENRES AS CAMPAÑAS "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO" E "DECORA O TEU PATINETE OU BICICLETA DE NADAL"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, animou á cidadanía a participar nestas iniciativas
Narón, 29 de novembro de 2023. O Concello organiza un ano máis a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, dirixida á cidadanía en xeral e co obxectivo de recoller bicicletas –tamén estáticas- e patinetes para doalas a familias vulnerables. O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, indicou que o equipo de Educación Viaria se encargará de recoller o material para supervisar o seu estado e posteriormente entregalo nas condicións óptimas de uso. Oreona informou que dende este venres e ata o día 4 de xaneiro se poderán deixar as bicis nos centros de ensino e tamén no Concello, nas oficinas de Educación Viaria –planta de acceso- en horario de mañá, de 8:00 a 14:00. Así mesmo, poderán levarse directamente ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, na Gándara, onde se entregarán ás familias. A campaña de decoración de patinetes e bicis con motivos navideños iniciarase tamén este venres e manterase ata o 20 de decembro. Poden participar todos os escolares de Narón, que deben enviar unha fotografía sacada dende a entrada dos seus respectivos centros de ensino co seu patinete, bici ou correpasillos decorado de Nadal ao correo: seguridadevial@naron.gal. No mail deben indicar o nome e apelidos da nena ou neno, o nome do colexio e curso e tamén especificar –con indicación expresa do pai, nai ou titor/a- se ofrece o seu consentimento para publicar a imaxe nas redes sociais do Concello e na web municipal. O concelleiro de Seguridade Cidadá animou ás persoas que poidan colaborar a participar nesta campaña de doazón de bicis e patinetes “para dar unha segunda vida a aqueles que xa non se usamos pero que están en bo estado e que poderán utilizar outras persoas que non poden adquirilos”. Así mesmo Oreona animou a participar na campaña de decoración de patinetes e bicis, avanzando que tan só enviando a imaxe, os menores terán dereito a un agasallo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal