Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA A SÚA CAMPAÑA DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DOS SERVIZOS DE EMPREGO E FORMACIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, deron a coñecer a nova imaxe destes servizos
Narón, 6 de decembro de 2023. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, presentaron hoxe a nova imaxe dos seus servizos de Emprego e Formación, así como a campaña que está a desenvolver para dalos a coñecer entre o tecido empresarial e os axentes socioeconómicos da contorna. A decisión de poñer en marcha esta iniciativa resposta á importancia que ten para o Concello difundir o traballo transversal que se desenvolve nesta área -e que sitúa a Narón na vangarda en materia de emprego- así como achegar a todos os sectores implicados as ferramentas que teñen á súa disposición para seguir avanzando neste campo. A imaxe deseñada para os servizos son tres eslabóns entrelazados que utilizan unha gama cromática que parte da que ten o propio logotipo do Concello e que reflicten a interrelación entre as empresas, a institución municipal e as persoas demandantes de emprego. Este elemento gráfico acompáñase do lema “Conectad@s polo emprego”, que reforza aínda máis a idea de transversalidade. A campaña consiste na elaboración e distribución de material informativo sobre as diferentes áreas dos servizos de Formación e Emprego municipais, desde a intermediación laboral ata a orientación, pasando por os servizos de emprendemento e a propia formación, que inclúe un programa propio do Concello que se desenvolve con carácter anual -e que se imparte maioritariamente no Centro de Formación Irmás Froilaz-, cursos para obter certificados de profesionalidade e actividades de mellora das competencias dixitais na aula CeMIT. O Concello elaborou un tríptico que se vai distribuír nas asociacións empresariais, sindicatos, Cruz Vermella, Cáritas e centros de coworking, ademais das oficinas do Servizo Público de Emprego e nas propias instalacións do Concello e do Centro municipal de Formación Irmás Froilaz. Paralelamente estanse a enviar correos electrónicos firmados pola alcaldesa aos axentes socioeconómicos, e desenvólvese igualmente unha campaña de publicidade nos medios de comunicación locais e de posts nas redes sociais municipais para achegar a información a todas as persoas interesadas. O Concello dispón tamén de presentacións dos servizos para utilizar en congresos ou xornadas relacionadas co emprego.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal