Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DUN CENTENAR DE POSTOS PARTICIPARÁN ESTE MES NO "XIV MERCADO DE 2ª MAN" EN SEDES
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, recordou que a cita terá lugar o vindeiro 17 de decembro
Narón, 9 de decembro de 2023. O “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello alcanza este ano a décimo cuarta edición. Un total de 94 persoas solicitaron participar se ben o vindeiro día 17 instalaranse 70 postos no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, tal e como avanzou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez. As persoas que desexen achegarse poderán facelo en horario de mañá e de tarde, de 10.30 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas. A entrada é de balde. Do total dos postos presentáronse 45 solicitudes de Narón 30 de Ferrol, 7 de Valdoviño, 2 de Neda, 1 da Coruña, 1 de Culleredo, 1 de Cambre, 1 de Castro de Rei, 2 de Cerdido, 2 de Fene, 1 de San Sadurniño e outro de Pontedeume. Os postos correspóndense todos con persoas particulares maiores de idade, non comerciantes nin vendedores/as ambulantes e está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas. Xoguetes, libros, bonecos, roupa, complementos, calzado, artículos de decoración, antigüidades, bisutería, vaixelas, lámpadas, adornos de Nadal, botelleiros.. son algúns dos produtos que se poderán adquirir neste mercado, tal e como avanzou Gómez. “Queremos fomentar con este mercado que se lle dea unha segunda vida a aqueles produtos ou artículos que os seus propietarios e propietarias xa non utilizan”, apuntou a edil. O mercado terá de novo unha vertente solidaria. As persoas que instalarán os postos doarán catro quilos de alimentos ou produtos de limpeza que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, que instalará un posto no que poidan tamén realizar doazóns de alimentos de primeira necesidade e produtos de hixiene as persoas que acudan ao evento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal