Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ TRES DÍAS DESTE MES NA CIDADE
A unidade estará operativa o día 16 xunto ao Xulgado de Paz e o 18 e 19 nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 11 de decembro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará tres días deste mes na cidade. A primeira das xornadas será este sábado, día 16, nas inmediacións do xulgado de Paz, en Xuvia, onde estará operativa de 10:00 a 15:00 horas. A vindeira semana regresará a unidade móbil, concretamente o luns e o martes, estacionando nas inmediacións do novo centro de saúde. En ambas xornadas estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00 horas. Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal