Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CARMELO GÓMEZ, LOLITA FLORES E ANABEL ALONSO, ENTRE OS ARTISTAS QUE PROTAGONIZARÁN ALGUNHAS DAS OBRAS DO PAZO NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2024
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, deu a coñecer a programación, cuxas entradas para o público xeral sairán á venda o 19 de decembro
Narón, 12 de decembro de 2023. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, deu a coñecer a nova programación trimestral do Pazo da Cultura. Entre os meses de xaneiro e marzo do vindeiro ano sucederanse una decena de espectáculos entre os que destacan os protagonizados, entre outros, por recoñecidos profesionais das artes escénicas como Carmelo Gómez, Lolita Flores ou Anabel Alonso, tal e como avanzou. Ferreiro informou que as entradas están xa á venda para aboados, se ben o público xeral poderá adquirilas a partir do vindeiro 19 deste mes. A primeira cita do 2024 no Pazo da Cultura será de carácter musical, concretamente co espectáculo “De ellos aprendí. El musical de los grandes musicales”, a cargo de Vol Music Events o día 7 de xaneiro -18:00 horas-. Este espectáculo de teatro musical xa se puido ver no Pazo o pasado ano, cun gran éxito de acollida. Escenas e personaxes do Rey León, La Sirenita, Frozen, La Bella y La Bestia, Rapunzel ou Aladdín irán sucedéndose no escenario como protagonistas desta peza, de preto de hora e media de duración. O teatro centrará a programación das dúas seguintes semanas. O día 13 de xaneiro poderase ver “Protocolo del quebranto” -20:00 horas-, de Unahoramenos Producciones. Marta Viera, Luifer Rodríguez e Mingo Ruano forman o elenco artístico desta obra, na que se escenifican os motivos e as consecuencias das guerras e se plasma o uso e abuso do poder explorando conceptos como a xustiza e a moralidade, entre outros. Na xornada do 20 de xaneiro representarase “Entrega en man” -20:00 horas- de Contraproducciones, unha obra ambientada nunha habitación dun cutre hotel dunha vila americana na que vive un home que perdeu a súa man hai 27 anos e que non para de buscala, vivindo varias aventuras na súa procura. A última fin de semana de xaneiro poderanse ver “Manual para armar un sueño”, o día 27 -20:00 horas, unha comedia de La Zaranda, e outra peza de teatro musical, “Tributo musical: El fantasma de la ópera”, o día 28 -19:00 horas- da compañía Tertulia Producción. No primeiro caso trátase dunha obra protagonizada por un vello actor que envelleceu camerino a camerino, que desafía a morte e o olvido, no que é unha oda á esperanza. En canto á peza de teatro musical, o público poderá ver o segundo espectáculo con máis espectadores ata a data –tralo Rey León-, un musical baseado na novela homónima de 1908 e que arranca na subasta dos restos do pasado da Ópera de París. A programación cultural do Padroado inclúe tres espectáculos no mes de febreiro. O primeiro será o día 3, coa compañía Pentación, que trae a Narón “Las guerras de nuestros antepasados” -20:00 horas-. Unha obra enmarcada no xénero do drama, con Carmelo Gómez e Miguel Hermoso no elenco e que constitúe un grito contra a violencia das guerras dos nosos antepasados. O sábado 17 poderase ver a ópera “Otello” -20:00 horas-, baseada na traxedia homónima de William Shakespeare, con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boitio. Finalmente, o día 24 representarase outra peza dramática, “La Celestina”, -20:00 horas- da compañía Secuencia 3. A recoñecida actriz Anabel Alonso forma parte do elenco desta obra, protagonizada por Calisto, un rapaz da nobleza que perseguindo un halcón atopa a Melibea, de quen se namora pero que ela rexeita. Aconsellado polo criado encomenda o seu coidado a Celestina, para lograr por medio dela o amor de Melibea. O mes de marzo abrirá a programación “Poncia”, cun texto escrito a partir da obra de Federico García Lorca, que se poderá ver o día 1 -20:30 horas- con Lolita Flores como protagonista. Neste monólogo da compañía Teatro Español, que formará parte do programa do Festival Singular, Poncia, a criada de Bernarda Alba, rezará pola morte de Adela, falando sola e tamén con Bernarda e as súas fillas. Na programación do Pazo para o mes de marzo inclúese a comedia “Deadpan Karaoke”, para o día 2 -20:00 horas-, da compañía Ibuprofeno Teatro e tamén enmarcada no Festival Singular. Co absurdo, a sorpresa, a comedia, a música e o cine como ingredientes, este espectáculo, protagonizado por María Bañobre, aposta por descrifrar o amor a través da catarse cómico musical.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal