Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "LIBREOFFICE IMPRESS" E "INTERNET/INTRANET E CORREO ELECTRÓNICO"
O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, indicou que as persoas interesadas poden inscribirse a través da plataforma Cemit
Narón, 18 de decembro de 2023. O Concello de Narón informa da apertura do prazo de inscrición en dous novos cursos que se impartirán a comezos do vindeiro ano nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia. “LibreOffice Impress” e “Internet/Intranet e correo electrónico” son, tal e como informou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, as dúas accións formativas. As clases impartiranse en ambos casos do 9 ao 19 de xaneiro. O curso de “LibreOffice Impress” ofrecerá ferramentas para crear e editar presentación multimedia. As clases serán en quenda de mañá, dende as 9:30 ata as 13:30 horas. No que respecta ao curso de “Internet/intranet e correo electrónico”, para aprender a manexar estas redes e sevizos, desenvolverase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas en participar poden anotarse a través da plataforma Cemit, á que se accede dende o enlace: https://cemit.xunta.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal