Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS NA ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 60.000 EUROS
A rexedora local, Marián Ferreiro, firmou os acordos cos representantes dun total de seis entidades
Narón, 19 de decembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou un total de seis convenios de colaboración na área de Promoción Económica por un importe conxunto de 60.000 euros. A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, presidida por Jorge López; a Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol, á fronte da que está Gustavo Adolfo Chacartegui; Terra Rendible, presidida por Francisco Javier Castro; a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal, con Alma Yadira Tenreiro como presidenta; a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, presidida por Cristóbal Dobarro e a Asociación de Empresarios Ferrolterra, con Ángel Torreiro como presidente, son as entidades coas que se asinaron os acordos de colaboración económica. A rexedora local destacou o labor que desenvolven estas entidades e asociacións en materia de promoción económica. “Dende o Concello de Narón continuaremos ofrecendo a nosa colaboración co fin de que estas entidades continúen cooperando co Consistorio e, polo tanto, coas veciñas e veciños da nosa cidade, ofrecendo orientación, formación nalgúns casos, asesoramento, promovendo diversas actividades ao longo do ano e incluso organizando algúns eventos”, destacou Ferreiro. A alcaldesa da cidade incidiu en que “todas estas entidades representan a colectivos cunha importante labor na nosa cidade, cuxo traballo diario é fundamental para dispoñer dunha serie de ferramentas, recursos e actividades de interese social e que contribúen á dinamización e o desenvolvemento económico de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal