Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE SETE DOCENTES TURCOS VISITARON NARÓN PARA COÑECER O TRABALLO REALIZADO NOS COLEXIOS NA ÁREA DE EDUCACIÓN VIARIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron aos docentes no salón de plenos
Narón, 22 de decembro de 2023. Un total de sete docentes procedentes de Turquía estiveron esta semana na cidade visitando diferentes centros de ensino para coñecer, xunto cos integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello o traballo que se realiza co alumnado nesa área. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron hoxe á comitiva no salón de plenos. Ferreiro interesouse por coñecer a valoración que realizaron os docentes sobre as visitas realizadas estes días aos colexios Ponte de Xuvia, A Gándara e A Solaina, o centro da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, e o centro de ensino especial Terra de Ferrol. Así mesmo, participaron en propostas como unha saída en patinetes e bicicletas, nun obradoiro de decoración de patinetes e cascos, e un obradoiro co Basketmi (baloncesto en cadeira de rodas). A rexedora local preguntou aos docentes turcos como era o sistema de traballo nesta área no seu país e tamén ofreceu colaboración para poder realizar actuacións conxuntas no ámbito da educación viaria. Ao respecto, está previsto presentar un proxecto ao programa Erasmus conxuntamente entre Turquía e Narón, co fin de dar a coñecer noutros países o labor que se desenvolve na cidade na área de Educación Viaria coa comunidade educativa –tamén con alumnado de educación especial- ao longo do curso escolar. A pasada semana visitaron tamén a cidade outras trece persoas procedentes de Turquía e estiveron nalgúns centros da cidade de educación Infantil e Primaria. A alcaldesa e o edil naronés agradeceron a visita dos docentes e ofreceron colaboración do Concello para continuar avanzando nesta materia. Así mesmo, realizaron un intercambio de agasallos e sacaron unha imaxe de recordo da visita no salón de plenos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal