Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CONCERTO DE FIN DE ANO, A TRINTAEUNDOCE E A FESTA DE FIN DE ANO CENTRAN A PROGRAMACIÓN NAVIDEÑA DOS VINDEIROS DÍAS NA CIDADE
O Navitrén continúa tamén operativo e os Poboados de Nadal da Praza da Gándara abren as súas portas cada tarde
Narón, 26 de decembro de 2023. A programación de Nadal continúa desenvolvéndose esta semana na cidade. Esta mesma tarde terá lugar nas instalacións da Biblioteca municipal un obradoiro de Cantos de Nadal -17:30 horas-, organizado en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón e no que os participantes percorrerán tamén algúns establecementos comerciais da cidade amenizando cos seus cantos. Na xornada do venres 29 de decembro celebrarase o xa tradicional concerto de Fin de Ano, no que actuarán a Xove Banda de Narón e a Banda Infantil da Agrupación Cultural Musical Sementeira. A cita musical dará comezo ás 19:30 horas no Pazo da Cultura e as entradas teñen un prezo de dous euros, podendo adquirilas no despacho de billetes do Pazo da Cultura. Este domingo será a tradicional San Silvestre naronesa, “A Trintaeundoce”, organizada en colaboración coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón. Preto de 300 persoas estaban inscritas a primeira hora desta mañá na convocatoria, para a que hoxe mesmo, ás 23:59 horas rematará o prazo de inscrición a través da web: www.galitiming.com. A xornada dará comezo ás 16:30 horas na estrada de Castela, á altura da rotonda de Freixeiro, de onde sairán e onde se fixará a meta dos percorridos que se realizarán nas diferentes categorías. O día 1 de xaneiro, coa chegada do novo ano haberá unha sesión de fogos de artificio e tamén na Praza de Galicia, a partir das 01:00 horas, a tradicional festa de Fin de ano, na que actuarán a orquestra Olympus e o grupo Claxxon, con entrada de balde. A maiores, continúa en funcionamento o Navitrén, con saídas cada hora entre as 11:00 e as 13:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas pola cidade. Pode collerse na estrada de Castela, á altura da Casa da Cultura, debendo obter os tickets das viaxes coas compras realizadas nos establecementos comerciais da cidade adheridos á campaña, que se organiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. Esta semana o tren realizará viaxes dende hoxe ata o sábado 30, incluído, para retomalas os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Continúan tamén os Poboados de Nadal na Praza da Gándara, abrindo as súas portas ata o 5 de xaneiro –excepto o 1 de xaneiro- de 17:00 a 20:00 horas. Exhibicións de baile, concertos, obradoiros para nenas e nenos, pintacaras… forman parte das propostas que se levan a cabo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal