Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENSO PARA AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS PODERÁ CONSULTARSE NO CONCELLO A PARTIR DO 1 DE XANEIRO
A concelleira de Estatística, Mar Gómez, informou que do 1 ao 8 de xaneiro estará aberto o período de consulta e reclamacións
Narón, 27 de decembro de 2023. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro do vindeiro ano permanecerá a exposición pública dende o día 1 ata o 8 de xaneiro (incluídos) no Concello, tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez. A consulta pode realizarse na oficina de Atención ao cidadán do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, no número 12 da rúa Adelaida Muro, na Coruña. Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, realizar reclamacións ao censo. Así mesmo, habilitáronse o teléfono de contacto do INE 900 343 232 (de balde) podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén no fax do INE, no número 981 206 235.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal