Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS ÚLTIMOS AGASALLOS SORTEADOS NA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron esta mañá os premios no Concello
Narón, 28 de decembro de 2023. O Concello acolleu onte o sorteo de novos premios da “Campaña de Nadal do comercio de Narón”, que se entregaron esta mañá. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron os seis premios concedidos no marco desta iniciativa, encamiñada a fomentar as compras no comercio local. Silvia Rodríguez –que non puido acudir á entrega hoxe- foi a gañadora das dúas entradas para o parque Warner Bros en réxime de aloxamento nun hotel concertado con aloxamento, cunha papeleta do establecemento Alimentación Juana. Os vales para gastar en compras nos comercios adheridos á campaña foron para: Marina Filgueiras, que obtivo 400 euros cunha papeleta depositada en Duende; Mary Medín, cun vale de 600 euros por unha compra en Nuria Espasandín e Teresa Fernández, con 1.000 euros por unha papeleta depositada no establecemento Migros. Entre os días 3 e 4 de xaneiro desprazaranse aos establecementos comerciais nos que desexen realizar as compras polo importe dos seus vales, un mínimo de tres nos preto de oitenta adheridos á campaña. Así mesmo, recentemente o xurado que valorou a decoración de escaparates de Nadal decidiu por unanimidade entregar ao establecemento Cande Interiorismo o premio dirixido ao comercio local, valorando a iluminación en forma de tellado, a estrutura exterior con decoración de Nadal cálida e acorde ao establecemento e a elegancia da mesma. Na modalidade de hostalería o premio foi para o establecemento A Toxiña, o único participante neste sector. Acudiron tamén hoxe a recoller o premio os representantes de ambos establecementos, que gañaron unha estadía nunha casa rural para dúas persoas. A alcaldesa e a edil de Promoción Económica felicitaron ás persoas que obtiveron os premios e animáronas a continuar realizando as súas compras no comercio local, do que valoraron a súa implicación nesta iniciativa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal